Pleno ordinario do 19 de febreiro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 19 o Pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro.

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2026.
  2. POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios.
  3. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co financiamento de Axuda no Fogar.
  4. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación coas modificación introducidas na Lei 5/2016, de 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia.
  5. Moción do grupo municipal do BNG sobre o Centro Social de Escarabote.
  6. Moción do grupo municipal Boiro Novo/mixto para dotar de pavimento de parqué o pavillón de Praia Xardín.
  7. Bonificación ICIO explanación de parte dunha parcela no lugar de Bermo.

Pleno ordinario do 29 de xaneiro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 29 o Pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro de 2026. 

A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión ordinario do 18 de decembro de 2025.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 14 de xaneiro de 2026.
  3. Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2026.
  4. Aprobación da modificación dos estatutos da mancomunidade da Ría de Arousa Zona Norte (Barbanza Arousa). 

Pleno ordinario do 18 de decembro de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 18 o Pleno ordinario correspondente ao mes de decembro. A sesión terá lugar ás 20.00 horas e poderase seguir en directo a través da canle municipal de YouTube.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación da acta da sesión plenaria do 27 de novembro de 2025
  2. Bonificación do imposto sobre construcións para a execución das obras destinadas á rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín.
  3. Convenio interadministrativo de cooperación entre o Concello de Boiro e a Deputación da Coruña co obxecto de habilitar a posibilidade de encomendar a xestión material da selección do seu persoal funcionario interino para postos de arquitecto/a e arquitecto/a técnico/a a esta Deputación.
  4. Moción do grupo municipal Boiro Novo/mixto para regular o servizo de cobro da factura do subministro do abastecemento de auga.

Pleno ordinario do 27 de novembro de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 27 o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro.

A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación da acta da sesión do 23/10/2025
  2. Aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal nº28
  3. Aprobación inicial do regulamento de funcionamento e réxime interno do coworking e do viveiro de empresas “Lab Barbanza” do Concello de Boiro.
  4. Moción presentada polo grupo municipal do BNG relativa á reivindicación do día 25 de novembro e á necesidade de incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista.
  5. Moción presentada polo grupo municipal de Boiro Novo para completar a terceira fase do saneamento de Coroño.
  6. Moción presentada polo grupo municipal do PP para a modificación da ordenanza fiscal reguladores do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)
  7. Moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao canon da auga recadado por Augas de Galicia.
|