Programa "Xuntos polo Nadal"
O departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro informa do prazo de inscrición para participar no programa Xuntos polo Nadal que promove a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, dependente da Consellería de Política Social.
Consulta aqui o programa e destinos.
Presentación de solicitudes
Deben facerse, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado PR004
Ampliación de prazo: as solicitudes poden realizarse ata o 30 de novembro.
Requisitos das persoas beneficiarias
Este programa de envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas durante o Nadal.
- Ter cumpridos os 60 anos
- Estar empadroado nalgún concello galego
- Vivir so no domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal
- Valerse por si mesmo/a e non padecer enfermidades que poidan alterar a convivencia
- Estar vacinado/a fronte á Covid-19
Máis información
Departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro