10º Aniversario do Centro de Día
O xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez achegouse hoxe a Boiro para participar nos actos conmemorativos do 10º aniversario do Centro de Día.
Os usuarios e as familias disfrutaron da proxección do video no que se recolleron as súas testemuñas e da exposición fotográfica que estará exposta ata o 2 de marzo no Centro Social de Boiro.