Axudas para a mellora da accesibilidad e autonomía de persoas no fogar | Concello de Boiro
O Concello de Boiro convoca axudas sociais extraordinarias, financiadas mediante o POS+ adicional da Deputación da Coruña, para facilitar que persoas e unidades de convivencia con escasos recursos poidan realizar actuacións que melloren a accesibiliade e autonomía persoal no fogar, así como apoiar servizos de respiro familiar e conciliación.
O BOP núm. 128 do 9 de xullo de 2026 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI.
A convocatoria divídese en tres liñas:
Liña 1. Axudas económicas para a realización de pequenas reparacións ou reformas na vivienda relacionadas coa accesibilidade.
Liña 2. Adaptación funcional da vivienda para persoas en situación de dependencia.
Liña 3. Servizos de respiro familiar e conciliación da vida laboral e familiar.
As axudas poden cubrir ata o 100% do gasto subvencionable cos seguintes máximos:
- Pequenas obras de accesibilidade (Liña 1.b): ata 1.800 euros.
- Adaptación funcional do fogar (Liña 2): ata 1.800 euros.
- Servizos de respiro familiar e conciliación (Liña 3): ata 1.100 euros.
Actuacións subvencionables
- Substitución dunha bañeira por un prato de ducha accesible.
- Instalación de barras de apoio no baño ou noutras estancias.
- Colocación de pasamáns en corredores ou escaleiras.
- Eliminación de chanzos mediante pequenas ramplas.
- Ensanche de portas para facilitar o paso dunha cadeira de rodas.
- Adaptación do baño para persoas con mobilidade reducida.
- Melloras que permitan un acceso máis seguro á vivenda.
- Pequenas obras destinadas a eliminar barreiras arquitectónicas.
- Substitución de chans, por outros antiesbarazidos.
- Outras medidas físicas ou tecnolóxicas.
Prazos
Presentación de solicitudes: ata o 15 de outubro de 2026 ou ata que se esgote o
crédito dispoñible.
Xustificación dos gastos: antes do 6 de novembro de 2026
Máis información
Departamento de Política Social do Concello de Boiro (2º andas da Casa Consistorial do Concello de Boiro)
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
