Semana Santa 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora coa Irmandade do Cristo da Misericordia na programación dos actos da Semana Santa 2025 que se van desenvolver entre o 5 e o 20 de abril. 

PROGRAMA: 

Sábado 5 de abril - Sábado de Lázaro 
20.30h - lectura do pregón a cargo de Monseñor Francisco Javier Frojan Madero e imposición de medallas aos novos cofrades

Mércores 9 de abril - Triduo na honra da Virxe das Dores 
20.00h - Triduo á Virxe das Dores 

Xoves 10 de abril - Triduo na honra da Virxe das Dores 
20.00h - Triduo á Virxe das Dores 

Venres 11 de abril - Triduo na honra da Virxe das Dores 
20.30h - festividade das Dores: misa e procesión

Domingo 13 de abril - Domingo de Ramos 
11.00h - convocatoria na Igrexa 
11.30h - bendición de Ramos no Cruceiro de Bao, procesión e misa solemne 

Mércores 16 de abril - Mércores Santo 
22.30h - procesión da Nosa Señora da Piedade 

Xoves 17 de abri - Xoves Santo 
20.30h - misa da cea de Cristo, Lavatorio e Hora Santa 
22.00h - procesión do Ecce Homo e Virxe da Amargura 

Venres 18 de abril - Venres Santo 
19.30h - celebración da Paixón de Cristo 
20.30h - desenclavo
21.30h - procesión do Santo Enterro 

Sábado 19 de abril - Sábado Santo 
21.00h - solemne vixilia pascual 

Domingo 20 de abril - Domingo de Pascua e Resurección 
12.00h - misa solemne de Pascua 

 

Concurso de disfraces e carrozas Entroido 2025 | Concello de Boiro

Concello de Boiro celebra o vindeiro martes día 4 de marzo o tradicional concurso de disfraces e carrozas do Entroido, no que se van repartir 4.600 euros en premios.

Poderán participar neste concurso todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, veciñais ou persoas que o desexen.

O concurso terá lugar o martes día 4 de marzo de 2025 ás 18.00 horas na Praza de Galicia, percorrendo as rúas de Boiro para rematar no mesmo lugar. 

O BOP núm. 23 do 4 de febreiro de 2025 publica as bases do concurso. 

Modalidades 

  • Individual/ parella: participantes a partir dos 13 anos, farán constar o nome do disfrace e a persoa/s que se presenta. 
  • Grupos: aqueles que estean formados polo menos por tres participantes maiores de 13 anos cunha temática común. 
  • Carroza: aparello móbil conformado por unha plataforma ou varias debidamente adornadas e acorde coa temática do grupo. A carroza etará formadas como mínimo por catro persoas.

Premios 

 INDIVIDUAIS  GRUPOS  CARROZAS 
 1º 300 euros 1º 600 euros  1º 1200 euros  
 2º 200 euros 2º 300 euros  2º 800 euros  
 3º 150 euros  3º 250 euros   3º 500 euros 
 4º 100 euros 4º 200 euros    

O anexo II de solicitude de premio está dispoñible nesta páxina.  

 

Premiados 2025

Individual/parellas 

1. O Minotauro 
2. Os Gamusinos 
3. O Furbi Remolón 
4. A colmea e a reina 

Grupos 

1. Cine Avenida 
2. Canguritos Park 
3. Circo Xirarei 
4. Saqueadores nórdicos 

Carrozas 

1. Unha viaxe no tempo 
2. As galaicas en Río 
3. Aquelarre Valquiria 

 

Inscricións

Presencial ou vía telefónica no Centro Social de Escarabote ou no teléfono 981 84 99 50, de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas. 

Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

*o prazo de inscrición rematará o xoves 27 de febreiro ás 13.00 horas. 

*as persoas que non se inscribiran dese xeito poden facelo no mesmo día dende as 16.30h ata as 17.30h na Praza de Galicia. 

O impreso de inscrición (ANEXO I) e impreso de declaración (ANEXO III) pode descargarse nesta páxina. 

Dia de Rosalía 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, para conmemorar o Día de Rosalía 2025, organiza unha viaxe cultural ás Terras de Rosalía que contará coa participación de Os Quinquilláns e que vai contar con: 

- roteiro teatral por Compostela

- visita ao Panteón dos Galegos Ilustres

- visita guiada ao Museo do Pobo Galego

- visita a Bastavales

- xantar no Restaurante Scala (opcional): prezo de 20 euros

- roteiro teatral por Padrón. 

 

A saída será ás 9.30 horas da Cacahda e o regreso a Boiro ás 18.00 horas. 

 

Inscricións 

Casa da Cultura de Boiro 

981 84 84 25

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

Programación Entroido 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza un programa completo de actividades para o Entroido 2025 que conta coas propostas de entidades do municipio para facer un programa pensado para todos os públicos e grupos de idade. 

 

PROGRAMACIÓN:

Xoves 27 de febreiro

Xoves de abadesas en Cabo de Cruz

Venres 28 de febreiro

Venres de abadesas en Boiro

Charanga imperial pola rúa peonil

Sábado 1 de marzo

19.00h – Entroido da Boliña “XVI festa da orella” (organiza: Comisión de Festas da Boliña)

23.00h – Festa de Entroido (organiza Peñas Boiro AC) na Praza de Galicia

Domingo 2 de marzo

17.00h – desfile infantil pola rúa peonil (saída da Praza da Mancomunidade)

18.00h – chocolatada na Praza de Galicia

18.30h – festa familiar con DJ Matrek na Praza de Galicia

Martes 4 de marzo

18.00h – desfile e concurso de Entroido con Batucada Cadabatú, As da Boina, A Dorniña de Abanqueiro e DJ Matrek

Domingo 9 de marzo

Día dos enterros: Farruco de Cabo, Cunca de Praia Xardín, O Óso de Abanqueiro, Felipiño de Escarabote e entroido crucense.

XVIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra os días 22 e 23 de febreiro o XVIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza, unha cita referente na materia a nivel peninsular e que por primeira vez se celebra no Pazo de Goiáns.

Esta cita, que comezou no ano 2007, mantén o seu obxectivo de trasladar os resultados dos traballos arqueolóxicos realizados na comarca do Barbanza nos que se presta especial atención á arte rupestre e ás investigacións recentes doutras partes de Galicia.

O programa deste ano conta con once ponencias na que van participar preto dunha vintena de investigadores que expoñerán traballos a nivel nacional e internacional.

 

Inscricións e máis información 

centroarqueoloxicodobarbanza.org 

 

PROGRAMA:

Sábado 22 de febreiro

09.00h – acreditacións e entrega de documentación

10.30h – acto de apertura

11.00hCompartiendo lujo: acción colectiva y tecnologías complejas en sociedades sin estado (Marcos Martinón Torres)

12.15h – descanso

12.45hNuevas interpretaciones de la Edad del Cobre Ibérica: Lideresas en el Mega-Sitio de Valencia, Lugar Central del Valle del Guadalquivir (Leonardo García Sanjuán, Marta Cintas-Peña e Raquel Montero Artús)

17.00hSantalla de Bóveda: a importancia da materialidade para a datación absoluta de edificios históricos (Rebeca Blanco Rotea)

17.30hA vivencia e resignificación das covas. Os usos modernos de Cova Eirós dende a etnoarqueoloxía (Alba Vidal Soliño)

18.00hAs investigacións sobre a Prehistoria do val do Támega: novos avances no conxunto de A Ceda das Chás/Casteli de Lobarzán (Lucía Rodríguez Álvarez)

18.30h – descanso

19.00hIntervencións arqueolóxicas no Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Escavacións na Illa de Ons (Alba Antía Rodríguez Novoa, Patricia Valle Aba, Adolfo Fernández Fernández)

19.30hPotes Vellos, Ideas Novas. A Arqueometría na Orixe da Cerámica de Figuras Negras (Emilio Rodríguez Álvarez)

20.00hEl yacimineto de Tahaddart. Avance de los resultados de las nuevas investigaciones del equipo marroquí-español (Adolfo Fernández fernández, Mohamed Kbiri-Alaoui, Meriem Hansali e Fermín E. Pérez Losada)

Domingo 23 de febreiro

10.00hLas drogas en la Europa prehistórica: rastreando los orígenes del consumo de vegetales psicoactivos (Elisa Guerra Doce)

11.15hPirólogos activos. Gestión y uso del fuego en la Prehistoria ibérica (Ernestina Badal García)

12.30h – descanso

12.45hMahados en branco e negro. Primeiros resultados dos proxectos ARPA e ANDALUSIL (Carlos Rodríguez Rellán)

14.00h – clausura da edición

 

|