Axudas para a conciliación familiar 2018

O Concello de Boiro ten aberta a convocatoria de axudas para a conciliación 2018.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 16 de novembro.

Un ano máis, o Concello de Boiro abriu a convocatoria de axudas para a conciliación laboral e familiar no 2018.

A presente convocatoria ten como finalidade axudar economicamente ás familias que por motivo de traballo precisen contratar os servizos de garderías privadas ou coidados profesionais para que se fagan cargo de menores con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos.

Unha vez a crianza estea escolarizado, esta axuda só se poderá percibir polos servizos contratados para ser prestados fóra do horario escolar.

As axudas consistirán no reembolso do 50% do gasto realizado entre o 1.01.2018 e o 31.10.2018, cun límite máximo de 2.500€ por menor.

As familias deben, entre outros requisitos, estar empadroadas no Concello de Boiro como mínimo dende hai dous anos e ter uns ingresos inferiores a 5,5 veces o IPREM.

As solicitudes da axuda, xunto coa documentación requirida, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello como máximo o 16 de novembro do 2018 incluído de 9 a 13:30 h.

Para máis información pódense consultar as bases da convocatoria na páxina web do concello, www.boiro.org, ou chamar ao CIM de Boiro no 981849960 ext. 1250.

Boiro, 13 de novembro de 2018

|