Boirenses Viaxeiros | Concello de Boiro
O Concello de Boiro, a través do departamento de Servicios Sociais, abre o prazo de solicitude para programar actividades no marco do programa Boirenses Viaxeiros.
Os Servicios Sociais, da man de Cruz Vermella, comezaron este ano a realizar saídas para que as persoas maiores coñezan outros lugares de Galicia. Unha iniciativa que se extendeu a outras asociacións veciñais e que realizaron viaxes durante o ano.
A partir deste mes de decembro ábrese o prazo para que as entidades sociais e asociacións veciñais fagan as súas propostas e solicitudes de viaxes para o programa de Boirenses Viaxeiros 2023.
As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro.