Proceso selectivo: monitores/a de actividades de tempo libre
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal de monitores/as de actividades de tempo libre.
O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada en cada caso.
O BOP núm. 112 do 14 de xuño de 2023 publica a convocatoria, que se pode consultar aqui.
Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos (22/06/2023), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (28/06/2023), que se pode consultar aqui.
Corrección de erros no listado definitivo, que se pode consultar aqui.
Publicados os resultados provisionais das probas (29/06/2023), que se poden consultar aqui.
Publicados os resultados definitivos das probas (30/06/202), que se poden consultar aqui.
Corrección de erros na acta final, que se pode consultar aqui.
Presentación de solicitudes
As persoas interesadas en formar parte deste proceso deberán presentar a instancia de solicitude e documentación no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases (14/06/2023).
Requisitos das persoas candidatas
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público.
- Titulación: estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
- Ter cumpridos os 18 anso de idade e non exceder a de xubilación forzosa por idade.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións.
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade.
- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública.
- Ter a consideración de profesionais da educación no tempo libre na modalidade de monitor/a:
- título de monitor ou monitora de actividade de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
- certificado de profesionalidade de dinamización de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
- título do sistema educativo que inclúa de torma completa a cualificación profesional de dinamización de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.