O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de técnicos A1 para a cobertura, mediante nomeamento temporal, de reforzos e ausencias puntuais que se produzan nos departamentos de intervención e secretaría.
O sistema de acceso será mediante oposición libre.
O BOP núm. 197 do mércores 15 de outubro de 2025 publica as bases da convocatoria que se poden descargar AQUI.
Publicada a relación inicial de persoas admitidas e excluídas (31/10/2025), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (17/11/2025), que se pode consultar aqui.
Publicadas as publicacións provisionais do primeiro exercicio (26/11/2025), que se poden consultar aqui.
Publicada a resolución de alegacións e proposta de bolsa de emprego (11/12/2025), que se pode consultar aqui.
Requisitos das persoas candidatas
- Estar en posesión do título universitario oficial de grao
- Posuír a nacionalidade española
- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa
- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública
- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para o desempeño das funcións
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS NATURAIS a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases e convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
A instancia de solicitude e toda a documentación requerida deberá presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para socorristas acuáticos en espazos naturais durante o ano 2025 para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais.
Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral.
O sistema de acceso será mediante oposición libre destinado a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego na especialide de socorristas.
Bases da convocatoria AQUI
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (16/06/2025), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (19/06/2025), que se pode consultar aqui.
Publicadas as puntuacións provisionais (20/05/2025), que se poden consultar aqui.
Publicada a proposta de contratación (26/06/2025), que se pode consultar aqui.
Requisitos das persoas candidatas
- Pertencer a calquera os Estados asinantes do Tratado da Unión Europea e o Acordo sobre o Espazo Económico Europeo
- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo
- Non estar afectado por motivos de incompatibilidade
- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública
- Estar en posesión de, como mínimo, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
- Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia
- Ser desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego.
Prazo de presentación de solicitudes
Inscrición na oficina de emprego (SEPE).