Almorzos saudables
O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III encargouse durante varias xornadas de preparar e servir almorzos saudables en varios colexios públicos do municipio. A través desta iniciativa pretendeuse sensibilizar aos nenos sobre a importancia do almorzo.
O Obradoiro de Emprego é un programa mixto de emprego e formación cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.