Contratación laboral temporal de 7 auxiliares de policía local

O Concello de Boiro convoca proceso selectivo para a contratación laboral temporal de sete auxiliares de policía local durante seis meses.

Os aspirantes que desexen tomar parte nesta selección deberán presentar as súas instancias dirixidas ó señor Alcalde-Presidente na sede electrónica do Concello de Boiro https://boiro.sedelectronica.gal ou no Rexistro Xeral do Concello de Boiro en horario de atención ó público durante o prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio de convocatoria no xornal “La Voz de Galicia”.

Data de publicación anuncio: 11/02/2020

Prazo remate de presentación de instancias: 25/02/2020

|