Campaña da neve 2025 da Deputación da Coruña | Concello de Boiro

Concello de Boiro participa nunha nova edición da Campaña da Neve da Deputación da Coruña, unha actividade destinada a rapaces e rapazas da provincia de entre 11 e 15 anos.

As datas para Boiro serán entre o 7 e o 10 de febreiro de 2025 e as inscricións para participar estarán abertas entre o 8 de novembro e o 2 de decembro.

O sorteo público de prazas terá lugar o mércores 4 de decembro de 2024 ás 12.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro. 

As persoas participantes gozarían de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares. O prezo da viaxe será de 85 euros e contará co transporte, a estadía, os monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. Ademais dos cursos de esquí haberá actividades complementarias ou alternativas. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

A través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, presentando a ficha de inscrición dispoñible AQUI

Ata o 2 de decembro de 2024.

|