Programación cultural Nadal 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Boirense de Empresas, deseñou para o Nadal 2024 unha programación pensada para os máis cativos e para incentivar as compras no comercio local.

A programación contempla espectáculos e activiades infantís así como os festivais das entidades e asociacións culturais do municipio.

PROGRAMACIÓN

Sábado 7 de decembro, 19.00h – Praza de Galicia: acendido do alumeado de Nadal

Domingo 15 de decembro, 18.30h – Centro Social de Abanqueiro: festival Xilbarbeira

Domingo 15 de decembro, 19.00h – Centro Social de Cespón: festival Abeloura

Xoves 19 de decembro, 18.00h – local Leñaverde: festival Escola de Música de Boiro

Sábado 21 de decembro, 17.30h – praza de Galicia: Gala Solidaria

Domingo 22 de decembro, 17.00h - Centro Social de Abanqueiro: festival Asociación Abanqueiro

Domingo 22 de decembro, 19.00h - pavillón da Cachada: festival Cen Pliés

Luns 23, xoves 26, venres 27, sábado 28 e domingo 29  de decembro – local Leñaverde: zona gaming  

Luns 23 de decembro, 19.00 horas - rúas de Boiro: animación de rúa 

Xoves 26, venres 27 e sábado 28 de decembro, de 16.30 a 20.30 horas – Praza de Galicia: inchables

Xoves 26 de decembro, 19.00h – rúa peonil: espectáculo infantil "Fazulas al ladrón" de Bandullo Azul

Venres 27 de decembro, 19.00h – rúa peonil: espectáculo infantil “Merenda con pan de millo" de Migallas Teatro

Sábado 28 de decembro, 21.00h – rúa peonil: concerto “The women voices of rock n roll", concerto de Virtual Project

Domingo 29 de decembro, 18.00h – pavillón da Cachada: festival Pedra da Aroña

Luns 30 de decembro, 19.00h – rúa peonil: espectáculo infantil “Música de guateque” Gramola ye ye

Xoves 2, venres 3 e sábado 4 de xaneiro – local Leñaverde: zona gaming  

Xoves 2, venres 3 e sábado 4 de xaneiro, de 16.30 a 20.30 horas – Praza de Galicia: inchables

Sábado 4 de xaneiro | As Raíñas Magas visitan as parroquias

Domingo 5 de xaneiro | gran Cabalgata de Reis

 

*toda a programación está suxeita a posibles cambios atendendo ás condicións meteorolóxicas.

|