Saaabor: Espectáculo cómico que mistura música, maxia e humor...

VENRES 26 DE OUTUBRO ÁS 20:00 H
CASA DA CULTURA “RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ”
Comedia destinada infantil e familiar// Preferentemente maiores de 5 anos
ORGANIZA: CONCELLERÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE BOIRO E AGADIC
Ficha artística
Elenco: Félix Rodríguez y Fran Rei Dirección: Avelino González
Xénero: Comedia Duración: 55 minutos
Público: Familiar Tipo espectáculo: Familiar + de 5 anos
Culturactiva SCG presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, una proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.
Saaabor! é un espectáculo cómico que mistura música, maxia, humor, ritmo e contando coa participación do público e co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: dende a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e o postre, elaborando un sabroso menú para toda la familia.