Programación cultural xullo 2021
O departamento de Cultura do Concello de Boiro organiza unha programación cultural para o mes de xullo destinada a público infantil e familiar e cumprindo con todas as restriccións sanitarias.
Todos os espectáculos son con público sentado e con control de acceso, polo que requiren inscrición previa que se vai poder facer dende dous días antes da función a través das ligazóns dispoñibles na web municipal.
Programa de actividades
Xoves 15 de xullo, 21.00 horas - Praza da Terceira Idade
"Galego maxia" - Dani Polo
APRAZADO
Sábado 17 de xullo, 21.30 horas - Parque da Cachada
Ballet con Aroña
APRAZADO
Martes 20 de xullo, 20.30 horas - Centro Social de Boiro
Presentación do libro "Os traballos de hércules" de Alberto Piñeiro
Entradas dispoñibles o 19/07/2021
APRAZADO
Mércores 21 de xullo, 12.00 horas - Esteiro do río Coroño
"Superharte" - Patty Diphusa
Venres 23 de xullo, 12.00 horas - Muíño do río Breiro
"Historias para derreter cera" - Alba Grande
Venres 23 de xullo, 22.00 horas - Praza da Terceira Idade
"Cando os animais cantaban" - 3 pesos
Sábado 24 de xullo, 12.00 horas - Praza da Terceira Idade
"Raposadas" - Raquel Queizás
Luns 26 de xullo, 21.30 horas - Praza de Galicia
"Carman. Antes es mejor" - Javier Ariza
Venres 30 de xullo, 22.00 horas - Igrexa de Carmen de Cabo de Cruz
"Cinema marabillas" - Raquel Queizás
Entradas dispoñibles o 28/07/2021