Campamento Verán 2021 | Concello de Boiro
A Concellería de Educación do Concello de Boiro organiza o Campamento de Verán 2021, que se desenvolverá dende o 1 de xullo ao 30 de agosto nas instalacións do CEIP Santa Baia.
O campamento está dirixido a nenas/os de 3 anos (escolarizados) ata 12 anos. A preinscrición realizarase no rexistro xeral do Concello de Boiro (aberto de luns a venres en horario de 09:00 a 13:30h) ou a través da sede electrónica dende o 9 ata o 14 de xuño (ás 13.30h).
Os servizos que ofrece o campamento de verán son:
Boiro Madruga (de 8.00h a 10.00h). Prezo 20 euros/mes - 20 prazas (será necesario cubrir un número mínimo de 10 prazas para a súa realización)
Campamento Verán (de 10.00h a 14.00h). Prezo 90 euros/mes - 70 prazas (7 prazas serán reservadas para emerxencia social)
Boiro Madruga + Campamento Verán (de 8.00h a 14.00). Prezo 100 euros/mes
Servizo de Comedor (de 14.00h a 15.00h)
*Servizo ofrecido en colaboración coa ANPA Torre de Goiáns do C.E.I.P Santa Baia a través da empresa Chicolino Restauración.
Podes consultar a información detallada sobre o campamento e os modelos de solicitude nesta páxina.
Publicada a lista provisional de admitidos-as no Campamento de Verán e Boiro Madruga, que podes consultar aqui.
Publicada a lisara definitiva de admitidos/as no Campamento de Verán e Boiro Madruga, que podes consultar aqui.
Data de pago e entrega de documentación: do 25 ao 29 de Xuño -Deben cubrir a folla de autoliquidación a través da sede electrónica do concello de Boiro.
- Unha vez cuberta a folla de autoliquidación deben imprimir os 3 exemplares cubertos e facer o ingreso no banco.
- Unha vez efectuado o ingreso, deben entregar na Casa da Cultura de Boiro o exemplar para á administración axuntando a aceptación da normativa xeral do servizo de Campamento e Madrugadores Boiro.
*No caso de renuncia solicitase que o comuniquen no Departamento de Educación sito na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981 84 84 25 (Elena/Pitusa).