Pleno ordinario do 28 de setembro de 2023 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra o xoves 28 de setembro ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de setembro.
A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro na ligazón.
Orde do día da sesión:
- Aprobación da acta da sesión anterior
- Aprobación do ditame de participación no POS+ adicional 2/2023 e aprobación do proxecto de mellora do entorno e conversión a campo de fútbol de céspede artificial do campo da Mina – Lampón.
- Aprobación inicial do ditame sobre o orzamento do Concello de Boiro para o exercicio de 2023.
- Aprobación do ditame sobre a designación dos festivos locais para o ano 2024.
- Aprobación do ditame polo que se declara d especial interese e utilidade municipal as obras de construción promovidas pola Fundación Amicos e concesión dunha bonificación do ICIO do 95% da cota.
- Aprobación do díteme do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a convocatoria e desenvolvemento de todos os procesos selectivos para as prazas das diferentes categorías do corpo de Policía Local e as prazas de auxiliares de policía local do Concello de Boiro.
- Aprobación do ditame para a designación dos membros da comisión de estudo para a municipalización do complexo deportivo da Cachada.
- Moción de Boiro Novo para continuar co proceso de municipalización da piscina da Cachada.
- Moción do grupo municipal do PP contra a tramitación dunha lei de amnistía.