Pleno investidura da corporación municipal | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra este venres 7 de xullo ás 21.00 horas o Pleno extraordinario para a constitución da corporación municipal 2023-2027.
A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.
Orde do día da sesión:
- Constitución da mesa de idade.
- Comprobación das credenciais ou acreditación da personalidade dos electos.
- Constitución da Corporación, previo xuramento, promesa ou acatamento por parte dos concelleiros electos.
- Elección do alcalde ou alcaldesa.
- Toma de posesión do alcalde ou alcaldesa.