Pleno Ordinario do 18 de outubro de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro martes 18 de outubro ás 20.30 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro, dispoñible AQUI.  

 

Orde do día da sesión

1. Aprobación definitiva, se procede, da desafectación das vivendas destinadas a mestres de Praia Xardín. 

2. Aprobación, se procede, do ditame sobre resolución de alegacións e aprobación definitiva do Regulamento de honras e distincións do corpo de Policía Local e Emerxencias. 

3. Aprobación, se procede, do ditame sobre a adhesión do Concello de Boiro ao Plan xeral de prevención de riscos e medidas anti-fraude da Deputación da Coruña (PREMADECOR). 

4. Aprobación inicial, se procede, do ditame do expediente de suplemento de crédito 2/2022. 

|