Pleno ordinario do 30 de marzo de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 30 o Pleno ordiario correspondente ao mes de marzo. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

Orde do día: 

  1. Aprobación definitiva, se procede, do ditame do estudo de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Conservas Rianxeira S.A.U e redactado por D. Amancio Losada Vicente co obxecto de reordenar os volumes nunha das parcelas afectadas polo Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal (PSIS) de Ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira, S.A. en Bodión, Boiro (A Coruña).
  2. Aprobación inicial, se procede, do ditame dos orzamentos xerais do Concello de Boiro para o exercicio 2023.
  3. Aprobación inicial, se procede, do ditame do crédito extraordinario núm. 1/2023 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais.
  4. Designación dos membros da Comisión de Estudo para o restablecemento do servizo público das actividades deportivas a desenvolver no edificio multiusos de A Cachada.
  5. Moción do BNG relativa á municipalización do servizo de axuda no fogar.
  6. Moción do BNG en apoio á ILP sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria.
  7. Moción de Boiro Novo/Mixto para mostrar o rexeitamento cara os ataques perpetrados contra os símbolos da memoria democrática neste concello.
  8. Moción de IC Boiro para a instalación de desfibriladores nos seguintes lugares: Centro Social de Escarabote, Club de Remo de Cabo de Cruz, Centro Social de Abanqueiro, Centro Social de Cabo de Cruz, Pazo de Goiáns, campo de fútbol de Pomar do Río, Campo de fútbol de A Mina, Campo de fútbol de A Lomba (Bealo), Centro de Día de Boiro e formación homologada en (RCP) e uso de DESA.
  9. Moción do BNG relativa á retirada do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo.
  10. Moción do BNG relativa ao 8 de marzo sobre o impulso de medidas encamiñadas a blindar, garantir e defender os dereitos das mulleres así como promover a igualdade real entre mulleres e homes en Galicia.

Pleno extraordinario e urxente do 26 de febreiro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca un Pleno extraordinario e urxente con motivo do falecemento do exalcalde de Boiro, D. Francisco López Silva, que terá lugar este domingo 26 de febreiro de 2023 ás 12.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro. 

Orde do día: 

1. Pronunciamento sobre a urxencia da sesión. 

2. Mostra de condolencia, recoñecemento e respecto con motivo do falecemento de D. Francisco López Silva, exalcalde do Concello de Boiro. 

 

Con motivo do pasamento, o Concello de Boiro convoca tres días de loito oficial, entre as 00.00h do 26 de febreiro e ata as 24h do 28 de febreiro. 

 

Pleno ordinario do 26 de xaneiro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 26 o Pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro AQUI

Orde do día: 

  1. Aprobación inicial, se procede, do ditame do Plan Forestal Municipal do Concello de Boiro.
  2. Aprobación, se procede, do ditame de proxectos e solicitude de subvencións en base á orde do código de procedemento IN519B.
  3. Moción de IC Boiro en relación ca instalación de puntos de recarga nos parkings do Concello de Boiro.

Pleno ordinario do 9 de febreiro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o xoves día 9 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro. 

A sesión poderse seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello. 

Orde do día: 

  1. Aprobación, se procede, do ditame da solicitude de participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ 2023” da Deputación da Coruña, así como os proxectos incluídos.
  2. Aprobación, se procede, do ditame da solicitude de participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ Adicional 1/2023” da Deputación da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. 

Pleno ordinario do 15 de decembro de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 15 o Pleno ordinario correspondente ao mes de decembro. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

Orde do día: 

  1. Moción do grupo municipal do PP en relación coa provisión de prazas no hospital comarcal da Barbanza.
  2. Moción do grupo municipal do BNG en relación coa policía local.
  3. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE para instar á Xunta de Galicia a arranxar a problemática das traballadoras do consorcio galego de servizos de igualdade e benestar.
|