Pleno ordinario do 23 de novembro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 23 ás 20.00 horas a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro.

O Pleno poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación inicial, se procede, do ditame dobre o Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Boiro.
  2. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación da Ordenanza Fiscal núm. 12 reguladora da Taxa polo servizo de cemiterios.
  3. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación do regulamento do funcionamento do servizo de axudas técnicas.
  4. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas no concello de Boiro.
  5. Aprobación, se procede, do ditame de aprobación da encomenda de xestión á Mancomunidade de Concellos Ría de Arousa Zona Norte para a realización das accións e tramitacións das licitacións recollidas na solicitude da axuda tramitada co expediente TUR.CAMINO2022-011.
  6. Moción do grupo municipal do BNG en relación coa celebración do día 25 de novembro.
  7. Moción do grupo municipal do BNG de apoio ás reivindicacións laborais dos bombeiros dos parques de Boiro e Ribeira.

Pleno extraordinario do 9 de novembro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o xoves 9 de novembro ás 20.00 horas unha sesión plenaria extraordinaria para a aprobación definitiva dos orzamentos. 

O Pleno poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación, se procede, do ditame sobre resolución de reclamacións e aprobación definitiva dos orzamentos xerais para 2023. 

 

Pleno ordinario do 28 de setembro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o xoves 28 de setembro ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro na ligazón

 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión anterior
  2. Aprobación do ditame de participación no POS+ adicional 2/2023 e aprobación do proxecto de mellora do entorno e conversión a campo de fútbol de céspede artificial do campo da Mina – Lampón.
  3. Aprobación inicial do ditame sobre o orzamento do Concello de Boiro para o exercicio de 2023.
  4. Aprobación do ditame sobre a designación dos festivos locais para o ano 2024.
  5. Aprobación do ditame polo que se declara d especial interese e utilidade municipal as obras de construción promovidas pola Fundación Amicos e concesión dunha bonificación do ICIO do 95% da cota.
  6. Aprobación do díteme do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a convocatoria e desenvolvemento de todos os procesos selectivos para as prazas das diferentes categorías do corpo de Policía Local e as prazas de auxiliares de policía local do Concello de Boiro.
  7. Aprobación do ditame para a designación dos membros da comisión de estudo para a municipalización do complexo deportivo da Cachada.
  8. Moción de Boiro Novo para continuar co proceso de municipalización da piscina da Cachada.
  9. Moción do grupo municipal do PP contra a tramitación dunha lei de amnistía.

Pleno ordinario do 19 de outubro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o xoves día 19 o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro, que terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial e se poderá seguir en directo a través da canle de YouTube muncipal AQUI

 

Ode do día da sesión:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior. 
  2. Aprobación inicial do ditame de modificación da ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles.
  3. Aprobación do ditame de rectificación do inventario de bens.
  4. Moción de Boiro Novo para continuar co proceso de municipalización da piscina da Cachada.
  5. Moción do Partido Popular en relación co recurso de inconstitucionalidade interposto contra a lei integrada do litoral de Galicia.

Pleno investidura da corporación municipal | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este venres 7 de xullo ás 21.00 horas o Pleno extraordinario para a constitución da corporación municipal 2023-2027. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

Orde do día da sesión:

  1. Constitución da mesa de idade.
  2. Comprobación das credenciais ou acreditación da personalidade dos electos.
  3. Constitución da Corporación, previo xuramento, promesa ou acatamento por parte dos concelleiros electos.
  4. Elección do alcalde ou alcaldesa.
  5. Toma de posesión do alcalde ou alcaldesa.
|