Proceso selectivo: listaxe peóns

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe para a contratación laboral temporal de peóns de servizos varios - Programas de integración laboral. Para a contratación de persoal, o Concello de Boiro recibiu unha suvbención de 103.996,35 euros do PEL- Concellos da Deputación Provincial da Coruña. 

Os contratos de traballo vanse formalizar baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. O sistema de acceso vai ser mediante concurso-oposición libre e o número máximo de integrantes da lista será de 20. 

Publicación das bases no BOP (Núm. 35 do martes 23 de febreiro).

Publicada a relación definitiva de admitidos e excluídos, que podes consultar aqui. O prazo de presentación de enmendas é de TRES DÍA HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación da resolución. 

 

Presentación de solicitudes

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PECHADO

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, con horario de atención ao público de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica. 

As persoas que desexen tomar parte nesta selección deben presentar as súas instancias no modelo que se engade como ANEXO II nas bases, dispoñible para descargar nesta páxina, xunto coa demais documentación requirida. 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter cumpridos os 16 anos.

- Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias deste traballo. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión de, como mínimo, 2ºESO ou equivalente. 

- Estar en situación de desemprego. 

As persoas a contratar deberán estar nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral: 

- Mulleres

- Maiores de 45 anos

- Parados de longa duración

- Persoas con discapacidade

- Persoas en situación de drogodependencia

- Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego

- Persoas en fogar monoparental/monomarental

- Persoas con problemas para encontrar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais

- Perosas vítimas de violencia de xénero

- Persoas sen fogar

Proceso selectivo

A oposición constará de tres exercicios de carácter obrigatorio: 

Primiero exercicio: contestación por escrito dun cuestionario de 20 preguntas.

Segundo exercicio: realización dunha proba oral sobre as funcións a desenvolver no posto de traballo. 

Proba de coñecemento de lingua galega: as persoas que non puideran aacreditar o coñecemento da lingua galega mediante o certificado da realización do CELGA 1. 

Na fase de concurso valorarase a experiencia profesional e os programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral. 

 

|