Proceso selectivo: persoal docente e directivo do programa de emprego Xuventude II
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación do persoal docente e directivo para impartir o programa de formación e emprego Talento Mozo denominado "Xuventude II" na especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.
Para a realización deste Protema de Formación e Emprego é necesario contar co seguinte persoal temporal:
- 1 titor/a a xornada completa
- 1 mestre para a especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes AGAO0208 (a xornada completa)
- 1 director/a a xornada completa
O BOP núm. 149 do 7 de agosto de 2026 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI.
Requisitos comúns das persoas aspirantes
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo
- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública
- Non incorrer en causa de incompartibilidade ou de incapacidade
Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos específicos:
Director/a
- Ter máis de 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa
- Estar en posesión do título universitario de grao
- Posuír un titulo acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4
- Permiso de conducir B
Mestre/a
- Ter máis de 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa
- Posuír un titulo acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4
- Permiso de conducir B
- Estar en posesiómn do título universitario de grao; pertencer ás especialidades docentes habilitadas; ou ter experiencia profesional de catro anos.
Titor/a
- Ter máis de 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa
- Titulación universitaria de licenciatura ou grao en pedagoxía, psicopedagoxia ou psicoloxía
- Posuír un titulo acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4
Prazo e presentación de solicitudes
As persoas que desexen formar parte deste proceso selectivo deberán pr4esentar as súas instancias mediante o modelo que figura nas bases a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica nun prazo de cinco días hábiles.
Prazo ata o 14/08/2026.
