exposición: "Obra Gráfica" de José Podras | decembro 2023 - Casa da Cultura de Boiro

A Casa da Cultura de Boiro acolle no mes de decembro a mostra nomeada Obra gráfica do artista Xosé Poldras. A exposición fai un percorrido por algunhas das obras recentes máis significativas do autor, así como as tres pezas máis antigas e que manteñen o significado co traballo actual.


O máis significativo das imaxes que se poden atopar na mostra é o baleiro do papel sen estampar, un espazo silencioso no que as figuras de texturas intensas se relacionan entre si ou interpelan ao espectador mostrando inquietudes ou historias para desvelar. A combinación de figuras e espazo tratan de provocar na persoa que as visita a imaxinación, obrigando a construír una historia incerta ou certeira.


Xosé Poldras (A Coruña, 1969) é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, beca Erasmus de doutoramento en s’Hertogembosch e Maastrich, e licenciado pola Universidade de Salamanca. Fai exposicións dende 1989, especialmente de gravado, pero ten obra noutros xéneros artísticos.

Prazo de solicitude de instalación de terrazas na vía pública 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro ten aberto o prazo de solicitude para a instalación de terrazas na vía pública para o ano 2024, que se poderá facer entre o 1 de novembro e o 15 de decembro, a través da sede electrónica do Concello de Boiro. As autorizacións terán vixencia para o ano natural e deberán renovarse cada ano. 

As solicitudes de intalación durante o período estival (do 1 de maio ao 30 de setembro) poderán facerse, ademais de durante o prazo ordinario, nun período adicional entre o 1 de marzo e o 15 de abril. 

A solicitide para os 15 días no entorno da Semana Santa poderán facerse, ademais de no período ordinario, ata 10 días antes do período solicitado. 

 

Ordenanza reguladora da instalación de terrazas na vía pública.

Consulta aqui os aspectos máis importantes a ter en conta para a tramitación de solicitudes. 

Descarga o modelo de instancia. 

Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III - Boiro | Concello de Boiro

O Concello de Boiro vai levar a cabo unha nova edición do Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III – Boiro, para o que recibe unha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade unha subvención por importe de 531.046,20 euros. 

A formación de nivel 2 estará dividida en dúas especialidades con 10 alumnos/as en cada unha. Por un lado vaise impartir a especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e por outro a de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

O alumnado participante formarase de xeito teórico e tamén práctico, para iso contará cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais cun horario de 7.30 a 15.30 horas durante 12 meses. 

Os traballos a desenvolver son: 

  • Prevención de incendios forestais en Monte Peón
  • Prevención de incendios forestais en Monte do Sino
  • Prevención de incendios forestais na zona verde dos castros de Neixón 
  • Tarefas de conservación e valorización do Camiño “A Orixe”
  • Mantemento e conservación da zona verde do Pazo de Goiáns
  • Axardinamento das rotondas de acceso ao Polígono de Espiñeira
  • Acondicionamento do xardín da Praza de Galicia

Para participar neste obradoiro dual de emprego, as persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar ‘taller de emprego’.

Consulta as bases do proceso selectivo para a contratación do alumnado do Obradoiro de Emprego AQUI

 

Dispositivo especial de seguridade - partido Copa do Rei no Campo Municipal de Barraña | 1 de novembro de 2023

O mércores 1 de novembro ás 18.30 horas terá lugar no Campo Municipal de Barraña o encontro da Copa do Rei entre o CD Boiro e o RCD Mallorca. A Xunta de Seguridade determinou o dispositivo especial que se levará a cabo durante a tarde para garantir o correcto desenvolvemento do partido.


Policía Local, Protección Civil, Garda Civil e seguridade privada velarán polo correcto desenvolvemento do encontro e seguridade das persoas asistentes tanto nos accesos ao estadio como durante o partido. Non estará permitido o acceso ás instalacións con bebidas, bengalas ou armas de calquera tipo.


En canto ás recomendacións de circulación nas inmediacións do campo, estará cortado o tráfico na Avenida de Barraña entre a rúa numero 11 (cruce Casa Dora) e a rúaTraballadoras do Mar entre as 15.00 e as 22.00 horas, polo que o tráfico a Cabo de Cruz será desviado polo Saltiño e o Seán. Do mesmo xeito, non se poderá estacionar na zona acotada nas inmediacións do campo, que estará libre exclusivamente para vehículos autorizados e o tránsito de persoas a pé que accedan ao estadio. Dende o Concello de Boiro recomendase o estacionamento na Av. Avellaneda, rúa Empresario Jesús Alonso e inmediacións destas e acceso andando ao estadio.

O público no Campo Municipal de Barraña estará dividido en tres zonas diferenciadas, con portas de acceso distintas para cada unha. A apertura de portas está prevista ás 16.45 horas e dende o Club aconsellan revisar a porta de acceso indicada nas entradas para facilitar os accesos ao estadio.

Cursos Aula CeMIT - outubro 2023 | Concello de Boiro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para os cursos de formación en competencias dixitais que se van impartir no mes de outubro.

Trámites electrónicos e métodos de autenticación - 18 e 19 de outubro (de 10.00 a 13.00 horas).

A nube de Google apps - 24 e 25 de outubro (de 10.00 a 13.00 horas).

 

Inscricións e máis información 

Aula CeMIT do Centro Social de Boiro

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

981 84 26 35

629 769 139 

|