Programa actividades 25N | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Política Social, programa actividades para conmemorar o 25N, Dia Internacional contra a Violencia de Xénero.

Programa actividades 25N

11.00h, Centro Social de Boiro - contacontos: "Contos pola igualdade", Raquel Queizás

11.30h, Centro Social de Boiro - proxección da curtametraxe "Lavadoiros" de Lois Patiño 

13.00h - lectura do manifesto institucional

19.00h, rúas de Boiro - charanca Bicoia 

 

Ademais deste programa de actividades específico, están previstas outras propostas durante o mes como a exposición de rúa nomeada “Visibilizando a violencia de xénero” que ten como finalidade convidar á reflexión sobre os comportamentos e formas de violencia machista vixentes na sociedade.

O Concello de Boiro participa tamén un ano máis na campaña DeFronte da Deputación da Coruña coa que se levan a cabo obradoiros e actividades e tamén a campaña “AgresiónOFF” coa que se reparte material divulgativo, ambas as dúas co obxectivo de achegar á sociedade a problemática da violencia de xénero.

Muller e Saúde 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da área de Igualdade, programa actividades no ciclo Muller e Saúde que se van desenvolver nos meses de outubro e novembro. 

Obradoiro: Saberes en Común 
martes 10, 17 e 24 de outubro, de 16.30 a 18.30 horas - Centro Social de Boiro

Obradoiro de solo pélvico 
mércores 18 de outubro, de 10.00 a 13.00 horas - Centro Social de Boiro 
*é preciso esterilla 

Obradoiro práctico sobre convenios reguladores 
mércores 8 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas - Centro Social de Boiro 

"Que é a violencia de xénero, como detectala e erradicala?"
mércores 15 de novembro, de 18.00 a 20.00 horas - Centro Social de Boiro 

Manexo de estrés e ansiedade
mércores 22 de novembro, de 17.00 a 20.00 horas - Centro Social de Boiro 

 

Máis información e inscricións 

981 84 48 00 ext. 1285

 

Convocatoria de axudas para gastos sociais 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas destinadas a facer fronte a gastos específicos para persoas con recursos insuficientes co obxectivo de paliar situacións de exclusión social. A finalidade destas axudas é dar resposta a situacións puntuais de necesidade derivadas de gastos específicos relacionados con necesidades básicas.

O BOP núm. 164 do 29 de agosto de 2023 publica as bases reguladoras das axudas do POS+ 2023 para gastos sociais extraordinarios e a súa convocatoria.

As bases poden consultarse AQUI

 

Tipoloxía das axudas 

Liña 1. Reforzo dos servizos e axudas económicas para respiro familiar e medidas de conciliación. 

Liña 2. Reforzo dos dispositivos e axudas económicas para a atención a persoas sen fogar que carezan de medios económicos suficientes para asegurar a cobertura destas necesidades.

Liña 3. Axudas económicas para os gastos de consumo enerxético á persoas consumidoras. 

 

Solicitudes 

A solicitude deberá formularse presentando o Anexo I cumprimentado, xunto coa documentación recollida na base 7ª da convocatoria. 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de decembro de 2023 ou ata que se remate a consignación orzamentaria. 

 

Máis información 

Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro 

 

 

Andaina "Boiro, en marcha contra o cancro" | domingo 15 de outubro

O Concello de Boiro colabora cunha nova edición da andaina solidaria "Boiro, en marcha contra o cancro" que organiza a Asociación Española Contra o Cancro de Boiro. 

A actividade terá lugar o domingo 15 de outubro con saída ás 10.00 horas da Praza de Galicia, cun percorrido de 5 quilómetros. 

 

Inscricións 

Mesas da AECC na rúa peonil todos os martes e sábados na rúa peonil

Oficina de Turismo de Boiro

Modas Naty

Galería Sargadelos 

Farmacia Ana Torrente

 

Preinscrición actividades Servicios Sociais | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través do departamento de Servicios Sociais, propón a realización de actividades dirixidas a sectores específicos da
poboación.

A proposta de actividades estaría destinada a persoas con diversidade funcional e outra de musicoterapia para persoas maiores.

 

Programa Universo Diverso 

Actividades de ocio para persoas con diversidade funcional maiores de 16 anos.

 

Actividade Musicoterapia 

Destinada a persoas maiores. 

 

Máis información e preinscricións 

Departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

|