Día Internacional contra a Violencia de Xénero

25 de novembro de 2016

Entre as actividades programadas pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo venres, 25 de novembro ás 19h na praza do Concello, impartirase unha clase de zumba e lerase un manifesto en repulsa deste grave problema social. Animamos a todos/as os que queiran acompañarnos que asistan cunha prenda ou complemento de cor violeta.

|