Entorno natural do estuario do río Coroño
Remate das obras de acondicionamento
Nava Castro Directora de Turismo Galicia acompañada do Delegado Territorial da Xunta de Galicia Ovidio Rodeiro achegáronse esta mañá a Boiro para comprobar o remate das obras no entorno natural do estuario do Río Coroño. Nesta actuación participada pola Axencia de Turismo de Galicia foron construidos os aseos adaptados para persoas con diversidade funcional ao lado da praia e a senda peonil accesible de 800m.de percorrido ao longo do estuario do Río Coroño.