Oferta de Emprego Público extraordinaria 2023 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro convoca unha Oferta de Emprego Público extraordinaria correspondente ao ano 2023 derivada da taxa específica para a estabilización de emprego temporal. O número total de prazas que se convocan é de once en distintos postos de emprego.
O BOP núm. 247 do venres 29 de decembro de 2023 publica o anuncio.
As bases e toda a información dos distintos procesos selectivos estarán dispoñibles na web municipal no momento da convocatoria.
PERSOAL FUNCIONARIO
Nº PRAZAS | DENOMINACIÓN | ESCALA | SUBESCALA | GRUPO/SUBGRUPO |
1 | Animador/a | Admón xeral | Técnica | B |
2 | Administrativo | Admón xeral | Administrativa | C1 |
PERSOAL LABORAL
Cupo xeral:
Nº PRAZAS | DENOMINACIÓN | XORNADA | SUBGRUPO |
2 | Conserxe | TC | C2 |
1 | Conductor | TC | C2 |
1 | Peón aparcadoiro | TC | E/AAPP |
3 | Peón | TC | E/AAPP |
Cupo reserva persoal con discapacidade (OD):
Nº PRAZAS | DENOMINACIÓN | XORNADA | SUBGRUPO |
1 | Conserxe | TC | C2 |