Cabalgata de Reis 2024 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro venres 5 de xaneiro de 2024.
Este ano a cabalgata contará con algunhas variacións no percorrido, ao saír de Escarabote e rematar en Boiro, xa que tradicionalmente volvía a Escarabote. A saída está prevista para as 17.15 horas da Agramuíña dirección ao Pontellón, onde dará volta e percorrerá toda a Carretera Xeral, pasará pola Magdalena, por Ponte Goiáns e a rúa Principal para chegar á Praza de Galicia onde terá lugar a recepción por parte das SSMM os Reis Magos de Oriente a todos os nenos e nenas.
A comitiva estará formada por 8 carrozas, incluídas as dos tres Reis Magos, o nacemento e os camellos. Contará tamén con animación musical a cargo da banda OJE de Ferrol, o grupo Arume, Os Caraveiros, a charanga Equipo B e outra animación, ademais dos tradicionais personaxes como antorcheiros e espadeiros que cada ano forman parte do desfile.
Como noutras ocasións o percorrido contará cunha zona sen ruído que será na rúa Principal, no tramo comprendido entre a Avenida de Compostela e a rúa Salvador Allende. Do mesmo xeito, dende a organización informaron da tirada de bombas de palenque, que se realizarán á saída, en Ponte Goiáns e á chegada a Boiro.
A recepción dos Reis Magos terá lugar na carpa da Praza de Galicia, onde haberá animación musical dende as 18.00 horas e tamén unha gran chocolatada ao remate da recepción.
Visita das Raíñas Magas ás parroquias
Xoves 4 de xaneiro
11.30h – Abanqueiro
12.30h – Cespón
13.30h – Bealo
16.00h – Macenda
17.00h – Cures
18.00h – Escarabote
19.00h – Cabo de Cruz
20.00h – Boiro