Pleno extraordinario para o sorteo de mesas electorais 9J | Concello de Boiro
O Concello de Boiro convoca un Pleno extraordinario para o sorteo das mesas electorais para as eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño de 2024.
A sesión terá lugar o martes 14 de abril de 2024 ás 13.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro cun punto único na orde do día:
1. Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais, Eleccións ao Parlamento Europeo.