Proceso selectivo: Técnico/a de Administración Xeral
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego, que permita nomeamentos interinos como técnicos/as de administración xeral.
Consulta a lista definitiva de admitidos e excluídos aqui.
Publicados os resultados do primeiro exercicio da oposición, que poden consultarse aqui.
Consulta a plantilla de respostas aqui.
Publicados os resultados do segundo exercicio da oposición, que poden consultarse aqui.
Prazo e presentación de solicitudes
PRAZO DE PRENSENTACIÓN DE SOLICITUDES PECHADO
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Consulta aqui a publicación no BOP do 24 de decembro de 2020.
As solicidutes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica, dispoñible en https://boiro.sedelectronica.gal/info.0
Requisitos das persoas aspirantes
- Ter a nacionalidade española.
- Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.
- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou órganos constitucionais.
- Estar en posesión do título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente.
Desenvolvemento do proceso selectivo
A selección farase mediante o procedemento de oposición que consistirá na realización de tres probas:
1. Cuestionario de cen preguntas
2. Realización de supostos prácticos
3. Proba de coñecemento de lingua galega
O temario está a disposición das persoas interesadas nas bases da convocatoria.