Programa Integrado de Emprego 2023-2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, coa colaboración dos Concellos de Rianxo e A Pobra , desenvolve unha nova edición do Programa Integrado de Emprego que se vai desenvolver no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira durante o ano 2023/2024. 

A formación inclúe formación espacífica en envasado, acondicionado e embalaxe de produtos alimentarios; elaboración de pezas cárnicas, sistemas e procesos loxísticos, preparación de productos do mar para a industria alimentaria, servizos básicos de barra e restauración, técnicas e procedementos en limpeza de aloxamentos... e tamén formación transversal para a mellora da empregabiliade e habilidades para a búsqueda de emprego. 
O programa inclúe un servizo de medidas de conciliación para facilitar a asistencia ás actividades, apostando polas novas tecnoloxías para reducir a presencialidade, adaptación horaria, flexibilidade e adaptación segundo as necesidades das usuarias.

Dereito a bolsa de asistencia de 10 euros por día de asistencia. 

 

Consulta o programa formativo íntegro aqui

 

Requisitos das persoas aspirantes

Estar inscrito como demandante de emprego, asiganación do código 930. 

Exclusivo para mulleres. 

 

Máis información

Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.gal 

659 247 963

650 042 409

Cursos formativos AFD 2023-2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro vai desenvolver accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de persoas desempregadas no período 2023-2024.

Vanse desenvolver tres cursos, que se van impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas que o Concello de Boiro ten no Polígono Industrial de Espiñeira. 

Os obxectivos destas accións formativas son mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral.

  • Cociña - 828 horas 
  • Servizos de Bar e Cafetería - 658 horas 
  • Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio - 618 horas

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- ESO 

- competencias clave en nivel 2 

- certificado de profesionalidade da mesma familia nivel 1 (hostalería) 

 

Máis información e inscricións 

Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 26 09

 

Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2022/2023

O Concello de Boiro, coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal, desenvolve unha nova edición do Programa Integrado de Emprego que se vai desenvolver no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira durante o ano 2022/2023. 

A formación inclúe formación en fundamentos básicos de cociña, de limpeza, elaboración de pezas cárnicas, operacións básicas de caixa e atención ao cliente, carretilla elevadora e xestión de almacén, plan de márketing, comercio electrónico, márketing online, contabilidade e nóminas, office, manipulador de alimentos, inglés...


O programa inclúe un servizo de medidas de conciliación para facilitar a asistencia ás actividades, apostando polas novas tecnoloxías para reducir a presencialidade, adaptación horaria, flexibilidade e adaptación segundo as necesidades das usuarias.

Consulta o programa formativo íntegro aqui

 

Requisitos das persoas aspirantes

Estar inscrito como demandante de emprego, asiganación do código 930. 

Exclusivo para mulleres. 

 

Máis información

Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

659 247 963

650 042 409

 

 

I Feira de Emprego do Barbanza | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza a I Feira de Emprego do Barbanza que terá lugar os días 20 e 21 de abril de 2023 no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira. 

O obxectivo destas xornadas será acoller estratexias en materia de formción e seleción e promover e facilitar a relación entre o tecido empresarial e as persoas demandantes de emprego, así como dara a coñecer as principais estratexias que, en materia de formación e selección, se están a levar a cabo por parte das organizacións empresariais máis representativas da zona. 

 

As inscricións para demandandes de emprego que queiran paarticipar nos talleres e empresas interesadas en participar deben formalizarse AQUI

 

PROGRAMA 

Xoves 20 de abril 

9.30h - recepción dos asistentes e apertura 

10.00h - foro "Eixes de desenvovlemento económico do Barbanza"

11.30h - pausa café 

12.00h - foro "Estratexias en materia de formación e emprego" 

 

Venres 21 de abril 

9.30h - apertura de portas 

10.00h - taller "Búsqueda activa de emprego" 

11.00h - taller "Emprendemento, autoemprego e creatividade" 

12.00h - taller "Orientación profesional" 

13.00h - taller "Inserción laboral de persoas con discapacidade e en risco de exclusión"

 

Obradoiro de Emprego xestión forestal Torre Goiáns II - Boiro | Concello de Boiro

O Concelo de Boiro realiza unha nova edición do Obradoiro de Emprtego en xestión forestal Torre Goiáns II - Boiro durante o curso 2022-2023 que se desenvolve co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade. 

O programa conta con formación teórica e práctica dividida en dúas especialidades "Aproveitamentos forestais" e "Repoboaciónns forestais e tratamentos silvícolas" e o alumnado cursará a parte práctica da formación en espazos naturais do concello como son a contorna do Pazo de Goiáns, do Centro Arqueolóxico situado en Neixón, tramos do camiño "A Orixe", o Monte Peón e Monte do Sino. 

Vaise facer unha contratación de 20 alumnos e alumnas a tempo completo, 40 horas semanais, durante 12 meses e con horario de 7.30 a 15.30 horas. 

 

Para inscribirse as persoas interesadas deben darse de alta como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar "taller de emprego". 

 

Máis información

Oficina de Orientación Laboral do Concello de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 26 09

 

Subcategorías

|