Curso STEAM | Concello de Boiro

O Concello de Boiro ofrece un curso de STEAM (robótica, realidade virtual, drons e arduino) para nenos e nenas co obxectivo de fomenta a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas básicas nunha contorna educativa e lúdica.

Publicada a relación de persoas admitidas e lista de agarda, que se pode consultar aqui

 

As clases terán lugar na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro, todos os luns dende o 4 de novembro ata o 27 de xaneiro de 2025 en horario de 17.00 a 19.00 horas. 

Contidos do curso
- Introdución ao manexo de drons
- Conceptos básicos de impresión 3D
- Introdución á realidade virtual
- Introdución á robótica
- Uso seguro de Internet e ferramentas dixitais
- Xogos e actividades didácticas relacionadas coa informática

 

Requisitos

Ser nado/a entre 2010 e 2016. 

Mostrar interese no uso de ferramentas tecnolóxicas e programación básica. 

Contar coa autorización de pais ou titores.

 

Inscricións 

Entre o 14 e o 19 de outubro

Rexisto Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro 

 

 

|