Xornadas de herboloxía | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, xunto co Instituto de Herboloxía Sarela, leva a cabo unhas xornadas de herboloxía no marco do programa “O bosque da familia e a memoria” que ten como obxectivo ofrecer actividades de coñecemento e recolección das herbas de San Xoán e tamén de outras plantas medicinais.

 

Recollida e coñecemento das herbas de San Xoán

Esta actividade ten como obxectivo coñecer cales son as plantas que se empregan para realizar as augas e como se realizan. A xornada contará cunha saída de campo recolectar as herbas.

Data: sábado 18 de xuño 

Hora: grupo 1 de 10.00 a 13.00 horas 

 

Xornadas de herboloxía 

Esta actividade teñen como finaliade o coñecemento de plantas tradicionais e mediciñais galegas e constará de tres xornadas. A primeira delas será unha presentación sobre as plantas que teñen uso terapéutico, a segunda xornada será unha saída de campo para coñecer todo o relativo ao cultivo e recolección de plantas e na última das xornadas explicarase o secado e tratamento para facer un herbario.

Lugar: Centro Social de Escarabote

Hora: de 11.00 a 13.00 horas 

1ª xornada: sabado 25 de xuño

2º xornada: sabado 9 de xullo

3ª xornada: sabado 23 de xullo

 

Inscricións

Do luns 23 de maio ao mércores 1 de xuño no Rexistro Xeral ou sede electrñonica do Concello de Boiro. 

O formulario de inscrición está dispoñible para a súa descarga nesta páxina.

Orde de preferencia segundo a idade. 

 

|