Obradoiros Igualdade | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da área de Igualdade, desenvolve un programa de obradoiros e actividades que se van desenvolver durante os meses de abril e maio. 

 

Obradoiros de independencia dixital: perdéndolle o medo á tecnoloxía 

4, 5 e 6 de maio de 16.30 a 18.30 horas na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro 

11, 12 e 13 de maio de 16.30 a 18.30 horas na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro

Obxectivos: formación en aspectos prácticos da vida cotiá que precisan da tecnoloxía. Acompañar ás mulleres a que medren na súa autonomía dixital facendo trámites en liña na administración electrónica ao tempo no que se transmiten unha serie de cuestións transversais como:

- Quen somos en internet, a nosa identidade dixital. As mulleres en internet.

- Que é a liberdade tecnolóxica (por que ás veces nos vemos na obriga de facer trámites cuns determinados sistemas operativos e non con outros).

- Como protexer os nosos datos e as nosas imaxes, que tipo de datos estamos compartindo e como nos expoñemos na rede.

 

Obradoiro básico de ferretería, pintura, fontanería e carpintería 

Sábado 21 de maio de 11.00 a 13.30 horas no 2º andar do Centro Social de Boiro

 

Máis información e inscricións 

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

981 84 48 00 ext. 1285

|