Seminario intensivo defensa persoal feminina | Deputación da Coruña
O Concello de Boiro acolle o seminario intensivo de defensa persoal feminina que organiza a Deputación da Coruña e que terá lugar o 12 de febreiro de 2022 en horario de 10.00 a 14.00 horas.
O seminario está destinado a mulleres con idades comprendidas entre os 14 e os 70 anos empadroadas en calquera dos municipios da provincia. O número mínimo de inscricións requiridas para que se celebre a actividade é de 20. En Boiro o curso vaise levar a cabo no pavillón de Barraña, o sábado 12 de febreiro en horario de 10.00 a 14.00 horas.
O Concello de Boiro participa nesta iniciativa da Deputación da Coruña, que organiza oito edicións deste seminario no que as mulleres poderán ensaiar técnicas e estratexias para defenderse ante un intento de agresión, rompendo os mecanismos que bloquean e imposibilitan a reacción de resposta.
PROGRAMA
Presentación e formación de grupos de traballo
Quentamento de práctica de técnicas:
Como situarse, afianzarse, saber caer, saber levantarse, como manexarse no chan, moverse e desprazarse, así como manter a distancia.
Técnicas de autodefensa:
Estrutura, metodoloxía e técnicas de aprendizaxe.
Protocolo de actuación no ámbito da defensa persoal:
Distraer, sorprender, enganar, rexeitar, reaccionar, pedir axuda.
Inscricións e máis información
Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
981 84 48 00 ext.1285