Pleno Ordinario setembro do Concello de Boiro
Boiro, 8 de setembro de 2020
O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 10/09/2020 o Pleno Ordinario correspondente ao mes de setembro.
A sesión vaise realizar no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro ás 20.00 horas.
A orde do día da sesión vai ser a seguinte:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Aprobación da modificación das bases de execución do orzamento para determinar as subvencións nominativas de 2020 e aprobación do expediente de modificación de créditos numero 18/2020-01 de créditos extraordinarios financiado con remanente de tesouraría.
- Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos numero 17/2020-01 de suplemento de crédito.
- Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos numero 19/2020-01 de transferencias de créditos entre distintas areas de gasto.
- Aprobación inicial do expediente de modificación da ordenanza para instalación de terrazas no Concello de Boiro.
- Aprobación inicial da ordenanza de circulación do Concello de Boiro.
- Aprobación inicial da modificación do regulamento do Consello Escolar Municipal.
- Aprobación do convenio de colaboración entre o Ministerio del Interior, a través da Secretaria General de Instituciones Penitenciarias, e o Concello de Boiro para o cumprimento de penas de traballo en beneficio da comunidade (TBC).
- Moción do grupo municipal do Partido Popular para instar ao Goberno de España a non apropiarse dos recursos das entidades locais.
- Moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego sobre a Lei de Memoria Histórica.
- Moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego sobre o protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino para o curso escolar 2020-21.
- Moción do grupo municipal de IC Boiro / Grupo Mixto para a substitución de tubarias en mal estado con amianto.
A sesión plenaria poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.
Descarga a orde do dia completa aqui.