Xornada sobre golpes de calor | Coida a túa saúde
O Concello de Boiro, a través do departamento de Servicios Sociais, leva a cabo o progrma Coida a túa saúde que ten como obxectivo ofrecer actividades de formación e información sobre distintos aspectos relacionados co benestar.
A primeira das actividades que se vai levar a cabo son unhas xornadas informativas sobre como previr os golpes de calor e como tratar as picaduras. As charlas van ter lugar nos centros sociais e veciñais de Cespón, Beluso, Cures, Abanqueiro, Escarabote, Boiro e Cabo de Cruz; serán de unha hora de duración e as persoas asistentes poderán formular as súas dúbidas e consultas.
Programación das charlas:
Venres 12 de agosto, 16.00 horas – Centro Social de Cespón
Venres 12 de agosto, 17.00 horas – Unitaria de Ponte Beluso
Venres 12 de agosto, 18.00 horas – Centro Social de Cures
Venres 12 de agosto, 19.00 horas – Centro Social de Abanqueiro
Venres 12 de agosto, 20.00 horas – Centro Social de Escarabote
Sábado 13 de agosto, 11.00 horas – Centro Social de Boiro
Sábado 13 de agosto, 12.00 horas – Centro Social de Cabo de Cruz