Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero

O Concello de Boiro crea unha Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, un organismo que busca ser un instrumento operativo no que estarán representados todos os ámbitos municipais implicados na loita contra a violencia de xénero e procurar unha maior eficiencia da resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón violencia de xénero. 

O obxectivo desta mesa é que se reúna de seixo semestral ou de urxencia sempre que a situación o requira para desenvolver accións tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes e a prevención e erradicación da violencia de xénero.

Dende a área de Igualdade e coa colaboración de todos os axentes implicados na loita contra a violencia de xénero, creouse un Protocolo de actuación para integrantes da Mesa Municipal contra a Violencia de Xénero do Concello de Boiro

|