Convocatoria de axudas para o deporte federado 2021

O Concello de Boiro abre unha convocatoria de axudas para apoiar a entidades deportivas sen fins de lucro na participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou estatal. 

Serán obxecto desta subvención os gastos federativos; seguros, salarios e seguridade social; gastos de xestión; gastos publicitarios; gastos de comunicación; gastos en vestimenta e lavandería; formación; ximnasio; fisioterapia e farmacia; material de oficina; compras de aprovisionamentos- material Covid; gastos derivados de desprazamentos, hospedaxes, aloxamentos e manutencións: arbitraxes; premios, trofeos e agasallos; ou equipamento deportivo. 

O BOP núm. 228 do 30 de novembro de 2021 publicao anuncio da convocatoria de subvencións para clubs e entidades deportivas federadas do municipio durante o ano 2021, que poden consultase aqui

Descarga as bases e formularios de solicitude aqui

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitude será de DEZ días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP. Entre o 1/12/2021 e o 16/12/2021

As solicitudes presentarnse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. 

 

Requisitos 

Poderán optar aos programas desta convocatoria as entidades deportivas que cumpran os seguintes requisitos: 

- Club ou entidade deportiva federada con razón social no termo muncipal de Boiro que participe en competición oficial estable. 

- Carecer de fins de lucro.

- Estar rexistrada no Rexistro de Entidades do Concello de Boiro. 

- Estar rexistrado no Rexistro de Asociacións Deportivas da Xunta. 

- Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 

- Deberá dispoñer de certificado dixital ou DNI electrónico: 

  • Quen ocupe a presidencia ou teña delegadas as súas funcións. 
  • Quen ocupe a secretaría da entidade. 
  • Quen represente á entidade ante o Concello.

 

Documentación

- Modelo normalizado de instancia, incluída no ANEXO das bases. 

- Certificado acreditativo de representación a entidade. 

- Memoria 

- Certificados da Federación ou órgano correspondente 

 

 

|