Depor Campus 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora coa Escola de Fútbol Municipal de Boiro na celebración do Depor Campus que organiza a Fundación Deportivo. 

O campus vaise celebrar entre o 10 e o 14 de xullo nas instalacións municipais de Valiño e está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos. 

As inscricións están abertas e poden facerse ata o vindeiro 5 de xullo en deporcampus.rcdeportivo.es

XIV Torneo de Fútbol Base Abanqueiro SD | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora coa Escola de Fútbol Municipal de Boiro no desenvolvemento do XIV Torneo de Fútbol Base Abanqueiro SD - Trofeo Concello de Boiro. 

O torneo divídese nas seguintes categorías: 

- Biberón

- Prebenxamin

- Benxamin 

- Alevín 

 

Está previsto que participen máis de 100 equipos de ata 60 clubs. 

 

Campamentos Deportivos 2023 - Deputación da Coruña

O Concello de Boiro colabora coa Deputación da Coruña na xestión dos campamentos deportivos de verán destinados a rapaces e rapazas nados entre os anos 2009 e 2014.

Os campamentos conteñen un amplo programa de actividades con deportes náuticos, actividades ao aire libre, visitas culturais, deportivas e etnográficas... propostas que axudan a fomentar a comunicación, o intercambio de experiencias e a convivencia e respecto polos demais.

Os rapaces e rapazas participantes neste campamento desfrutarán de cinco días con aloxamento e manutención na residencia do IES Rosalía Mera na Coruña entre o 16 e o 21 de xullo. O prezo do campamento é de 85 euros, que se aboarán unha vez confirmada a participación.

 

Inscricións

Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai ou, de ser o caso, polo titor. 

Do 10 de maio ao 7 de xuño no Rexistro Xeral do Concello de Boiro 

 

Máis información

Descarga o tríptico aqui

Departamento de Deportes do Concello de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

981 84 84 25

 

X Campus Obradoiro Jealsa | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora coa X edición do Campus Obradoiro Jealsa que se vai desenvolver entre o 26 e o 30 de xuño en Boiro, nos pavillóns de Barraña, A Cachada, Santa Baia e Praia Xardín. 

O campus está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos, divididos nas seguintes categorías: 

- babybasket: nadas en 2015, 2016 e 2017. 

- premini: nadas en 2013 e 2014. 

- mini: nadas en 2011 e 2012. 

- infantil: nadas en 2009 e 2010. 

- cadete: nadas en 2007 e 2008. 

- junior; bnadas en 2005 e 2006. 

 

Inscricións 

Enviando a ficha de inscrición e o xustificante bancario de abono da matrícula a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

Fichas de inscrición dispoñibles aqui

 

 

Piscina Municipal de Boiro | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, unha vez finalizadas as obras de acondicionamento do Complexo Deportivo da Cachada, retoma a actividade da piscina municipal coa apertura ao público a partir do vindeiro 1 de marzo.

Horario de apertura

▪️ Luns a venres de 8.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 23.00 horas.
 
▪️ Sábados de 8.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas.
 
A instalación abrirá de xeito gratuíto durante os primeiros meses pero as persoas usuarias deberan formalizar unha inscrición para ter un control no acceso ás instalacións. 
As persoas inscritas terán dereito ao uso da piscina e tamén do ximnasio de forma libre. 
 

Inscricións

A partir do luns día 27, entregando o formulario de inscrición dispoñible nesta páxina, nas propias instalacións do Complexo Deportivo da Cachada ou no departamento de Deportes do Concello de Boiro.

|