Microcamp tecnolóxico 2024 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro organiza durante o verán un Microcamp de actividades tecnolóxicas dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 11 anos co obxectivo de fomentar o bo uso das TIC.
O Microcamp desenvolverase os días 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12 de xullo de 2024 en horario de 10.00 a 13.00 horas no Centro Social de Boiro.
Publicada a lista de persoas admitidas (20/06/2024), que se pode consultar aqui.
O número de prazas é limitado, polo que se require inscrición previa no Rexistro Xeral ou sede electrónica.
O prazo de inscrición será entre o 17 e o 19 de xuño.
As bases con toda a información poden consultarse AQUI.