Festas do Verán 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza un programa para as Festas do Verán 2022 repleto de actividades e propostas pensadas para todos os públicos e repartidas en diversos escenarios. 

Haberá actuacións na Praza de Galicia, na Praza da Terceira Idade e no Parque da Cachada ademais de animación de rúa e atraccións. 

Os grandes protagonistas deste ano nas Festas do Verán son os nenos e nenas, que farán de pregoeiros. 

O domingo día 3 de xullo terá lugar, na Praia de Barraña, a gran tirada de fogos de artificio. 

 

Consulta o trípico coa programación completa AQUI

 

PROGRAMACIÓN FESTAS VERÁN 2022

Venres 1 de xullo

20.00h – salvas dando comezo ás Festas de Boiro 22

20.30h – pasarrúas das Peñas con Trópico de Grelos

21.00h – pregón en homenaxe á rapazada de Boiro

21.30hMichael for Kids, concerto tributo a Michael Jackson

23.00h – Orquestra Olympus na Praza de Galicia

23.00hGrande Amore na Praza do Centro Social

24.00htributo a Alejandro Sanz na Praza do Concello

24.00h – festas remember Peñas no Parque da Cachada

01.30h – orquestra Olympus na Praza de Galicia

 

Sábado 2 de xullo

10.00h – alborada a cargo do Caraveiros

11.00h – festa tradicional no parque da Cachada con: Os Monifates, Xilbarbeira, Abelora, Aroña, Baile de Abanqueiro e grupo de gaitas Os Salgueiriños.

13.00h – xantar popular ca festa da orella da Boliña

22.30h – orquestra Metrópolis na Praza de Galicia

23.00hTerbutalina na praza do Centro Social

23.30hCafé Quijano na Praza de Galicia

01.00h – orquestra Metrópolis 

 

Domingo 3 de xullo

10.00h – alborada cos Pequenos do Barbanza

12.00hFanfarria Kaústika polas rúas de Boiro

13.30hLeite con Jalletas na rúa Peonil

19.00h – historias de amor, guerra e vida con Vero Rilo na Praza da Terceira Idade

20.30hBanda de Música de Negreira na Praza da Terceira Idade

22.00hTreixadura na Praza de Galicia

24.00h – fogos de artificio na Praia de Barraña

01.00h – orquestra Gran Parada na Praza de Galicia

 

Luns 4 de xullo 

10.00h – alborada con Arume

11.30h – festa das peñas no parque da Cachada

12.00h – sesión vermú con As da Boina polas rúas de Boiro

12.00hViravai no Parque da Cachada

13.00hAll Star peñas no Parque da Cachada

21.00h – Micro Aberto na praza da Terceira Idade

22.00hMounqup + Djs Udm na praza da Terceira Idade

22.30h – orquestra Charleston na Praza de Galicia

23.30hTributo a Queen na Praza de Galicia

01.00h - orquestra Charleston na Praza de Galicia

 

Martes 4 de xullo

10.00h – alborada con Arume

12.00h – sesión vermú con A Dorniña de Abanqueiro

12.00h – teatro Pedras de Cartón no Parque da Cachada

22.30hParís de Noia na Praza de Galicia

23.00hAmparanoia na Praza da Terceira Idade

00.30hCombo Dominicano na Praza de Galicia

01.00h – segundos pases das orquestras na Praza de Galicia

 

Mércores 6 de xullo

10.00h – alborada con Arume

12.00h – sesión vermú con Nunca é Tarde

12.00hBeatles en familia no Parque da Cachada

22.30h – DJ Matrek show na Praza de Galicia

23.00hTriángulo de Amor Bizarro na Praza da Terceira Idade

23.30h – orquestra Panorama na Praza de Galicia

02.30h - DJ Matrek na Praza de Galicia

|