Andaina Solidaria | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, Cáritas e os centros de ensino do municipio organizan unha andaina solidaria por un tramo do camiño A Orixe ao seu paso por Boiro e que ten como obxectivo recadar alimentos para Cáritas. O percorrido sairá ás 10.00 horas da Estivada e percorrerá uns 4 quilómetros ata chegar á Praza do Concello.

Cando?

Será o sábado día 18 de xuño. O punto de encontro será ás 9.30 horas na Estivada e a camiñata comezará ás 10.00 horas. No mapa que se achega poden verse os puntos de encontro para aquelas persoas que non queiran facer todo o percorrido. 

Como participar?

Para participar so hai que aportar alimentos, que se poden depositar nos puntos que Cáritas terá instalados tanto ao principio do percorrido (na Estivada) como ao final do mesmo (na Praza de Galicia).

O obxectivo é recadar alimentos e tamén transmitir aos nenos e nenas a importancia da solidariedade con aquelas persoas que sofren algún tipo de necesidade. É por iso que vos animamos a todas as familias a participar e a compartir cós vosos rapaces e rapazas de calquera idade esta andaina cunha fin solidaria.

 

percorrido

|