Cambios programación Letras Galegas 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza unha programación cultural para o Día das Letras Galegas 2022, dedicadas este ano a Florencio Delgado Gurriarán, na que se recupera a romería das letras coa colaboración da AC Barbantia e que contempla presentacións literarias, actuacións de grupos locais e espectáculos musicais. 

Debido á previsión meteorolóxica, tiveron que facerse cambios na programación. As actividades previstas para o escenario pequeno trasládanse ao interior do Pazo, todas aquelas actuacións que teñen que adiarse vovleranse programar en novas datas. 

 

PROGRAMA COMPLETO

16 de maio

19.30 horas – presentación institucional

20.00 horas – presentación da revista Follas Novas

21.00 horas – actuación de Laura Lamontagne e Pico Amperio

 

17 de maio

11.00 horas – apertura de portas e mercado de artesanía, libreiros e palilleiras no interior do Pazo

14.00 horas – xantar popular con pulpeira e animación a cargo de os Pequenos do Barbanza

16.00 horas – presentación institucional no interior do Pazo

16.15 horas – presentacións literarias a cargo de AC Barbantia no interior do Pazo

  • “O caso dos amantes de París” de Miguel Alonso
  • “Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade” de Héctor Cajaraville

17.30 horas – actuación de Esperanza Mara no interior do Pazo 

17.30 horas – baile galego na eira do Pazo con Xilbarbeira, Abeloura e Pedra da Aroña

18.00 horas – actuación de Airiños no interior do Pazo 

19.00 horas – actuación de Os da Porfía

 05 17 programación modificada

 

 

Servizo de autobuses lanzadeira 

Luns 16 de maio 

Saídas - A Boqueira de A Negral: 18:30 horas 

Regresos - Pazo de Goiáns: 21:45 horas 

Martes 17 de maio 

Saídas - A Boqueira de A Negral: 10:30, 12:30, 16:00 e 18:00 horas 

Regresos - Pazo de Goiáns: 10:45, 12:45, 16:45, 18:45 e 21:30 horas 

 

Aparcamento eventual 

05 17 aparcamento

 

|