Romaría das Letras 2025 | Concello de Boiro

O Pazo de Goiáns acolle o vindeiro 17 de maio a XIV edición da Romaría das Letras do Barbanza da man do Concello de Boiro e a Asociación Cultural Barbantia.
PROGRAMA:
11.00h – apertura do recinto e recibimento participantes da XIV Romaría das Letras no Barbanza
11.30h – apertura da Feira artesá e literaria cos stands dos colectivos colaboradores e a exposición dedicada ás Cantareiras, homenaxeadas co Día das Letras Galegas 2025.
Feira artesá: Sancosmeiros, Artesanías Amorote, Sin Norte Creativas, Palilleiras Revolteir@s e ganchilleiras de Bealo, librarías Espazo Nobel de Boiro e LER da Pobra, Che Tembra, Rositas artesanía, Adanegra...
Obradoiro de instrumentos tradicionals con Os Menestreis a cargo de Xulio Gutiérrez Roger no interior do Pazo.
Fotocol de traxe tradicional galego.
12.00h – actuación de baile galego no escenario grande do Pazo: AC Pedra da Aroña e Grupo Abeloura
13.30h – As mulleres que cantan, no xardín do Pazo: foliada homenaxe coas cantareiras Mar de Cabo, Lumieira, Xoaniñas, Aroña e Abanqueiro.
14.30h – xantar no Pazo de Goiáns con polbeira e viños da terra.
16.00h – acto institucional e presentacións literarias no interior do Pazo
- Presentación do libro “A avoa canta como a cotavía” de Celia Díaz Núñez. Ilustracións de Alba Santa. Editorial Galaxia
- Presentación do libro “Maxicamente vella, eternamente nova”. A literatura tradicional galega, de Carlos Callón. Editorial Xerais
- Entrega institucional da peza da Serea de Susi Gesto realizada no obradoiro do ano 2024.
- Barahúnda e as "Cantigas de Amigo e de Amor"
17.00h – visita teatralizada para familias con Marta Rios
18.30h – baile galego na eira do Pazo: Xilbarbeira e Grupo de Baile de Abanqueiro
19.30h – concerto con Carmela e Nunca é tarde
20.30h – foliada aberta
22.00h – remate da XIV Romaría das Letras no Barbanza