Subvención para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) | GALP

O Concello de Boiro recibe da Consellerái do Mar unha subvención para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura 2021-2027. 

O Concello de Boiro recibiu unha subveción dun importe de 45.603,90 euros para levar a cabo o proxecto "O que nos conta o mar da Arousa", un proxecto para a transmisión do coñecemento xerado en universidades e centros de investigación ás xeracións novas a través de obras literarias infantís e de materiais didácticos asociados ás mesmas, así como a transmisión do patrimonio inmaterial vinculado á pesca e ao marisqueo da Ría de Arousa. galp

|