Subvencións para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais | Concello de Boiro
O Concello de Boiro recibe da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes unha subvención para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais dun importe de 95.764,32 euros, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
A totalidade do proxecto ascende aos 142.277,75 euros e con el preténdese acometer a mellora da eficiencia enerxética do Centro Social de Cures co cambio de carpinterías exteriores e a cuberta existente por unha de fibrocemento, tella e illamento para a mellora da envolvente; así como o revestimento de xeso laminado con illamento térmico e falsos teitos con illamento.
As actuación contemplan tamén a instalación dun sistema de ventilación con recuperador de calor e a substitución de luminarias existentes por luminarias LED e acendido con sensor de presencia en aseos e corredor. A obra vaise rematar coa limpeza a impermeabilización das fachadas de pedra exteriores, o cambio de carpinterías interiores e o pintado de todas as estancias.