Mellora enerxética de diversos alumeados exteriores de zonas rurais
O Concello de Boiro recibe unha subvención para a Mellora Enerxética de Diversos Alumeados Exteriores de Zonas Rurais, mediante a que se levou a cabo o cambio de máis de 600 luminarias nos núcleos de Treites, Louriño, Brea, Valmaior, Vilariño, Sandrenzo, Comba, Cespón e Nine.
As novas luminarias LED, de potencias comprendidas entre os 30 e os 50w contribúen ao aforro enerxético reducindo o consumo eléctrico, á redución de consumos e emisións de gases e mellorase a nitidez nos camiños e estradas. Este cambio de luminarias no que traballa o Concello de Boiro supón un aforro duns 30.000 euros anuais.
O orzamento total da actuación é de 231.364,10 euros dos cales se recibe financiamento medianrte fondos FEDER por importe de 185.091,28 euros.