Subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Galicia Suma Talento: Rural Activo)

O Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha subvención por importe de 105.775,71 euros para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia
Suma Talento: Rural Activo. 

Mediante esta subvención vanse contratar un técnico forestal e cinco peóns para levar a cabo tarefas de prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e  defensa contra os in cendios forestais de Galicia. 

subvencións xunta

Subvención para a execución de actucións para minimizar as perdas de auga

O Concello de Boiro recibe de Augas de Galicia unha subvención por importe de 44.442,08 euros para a execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU. 

subvención augas

Subvención para financiar os gastos do persoal da oficina de turismo durante o ano 2026

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 19.195,72 euros para financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo durante o ano 2026.

deputacion

Subvención para a execución de actuacións para reducir as infiltracións das redes de saneamento municipais

O Concello de Boiro recibe de Augas de Galicia unha subvención por importe de 44.443,25 euros para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de sanemento municipais en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Plan e recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. 

subvención augas

Subvención para financiar os gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura no ano 2026

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 14.475,00 euros para financiar os gastos do persoal técnico nos servizos municipais de cultura durante o ano 2026.

O importe da subvención vaise destinar a financiar os gastos de mantemento do persoal técnico que desenvolve as funcións do departamento como a programación da actividade cultural durante todo o ano e en festividades concretas; así como a xestión dos centros sociais e coordianción das distintas actividadades que se desenvolven programadas polas entidades culturais. 

deputacion

|